A Asociación de Ex-Alcohólicos de Ferrolterra (AEF) é unha entidade sen fin de lucro fundada no 1972. Está recoñecida pola Consellería de Sanidade como Unidade Asistencial en drogodependencias destinada ao alcoholismo desde o ano 1992 e inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais desde o 2010.
A súa sede está sita na rúa Álvaro Cunqueiro, número 6, baixo do Concello de Ferrol; nela realízanse actividades propias da asociación e ademais, desenvólvense programas e servizos da Unidade de Tratamento de Condutas Adictivas (UTA) e da Unidade de Prevención de Condutas Adictivas (UPCA).
O proceso asistencial enmárcase nun conxunto de programas que teñen por finalidade facilitar o tratamento integral e a rehabilitación dos/as pacientes e as súas familias, mellorando a saúde e benestar, previndo riscos e reducindo os danos asociados ao trastorno adictivo.
Dentro do programa asistencial préstase atención especializada de carácter ambulatoria na área sanitaria de Ferrol a persoas con trastornos aditivos con sustancias (alcohol e tabaco) e sen sustancias aditivas (xogo patolóxico, compras compulsivas e novas tecnoloxías), atendendo a planificación de criterios, guías e procedementos establecidos polo SERGAS. Facilítase tamén apoio e asesoramento a familiares e persoas do entorno da persoa que presenta a problemática.
Estamos a ofrecer este completo tratamento a todos as usuarias que deciden iniciar a súa rehabilitación, cun total seguimento do Equipo Técnico (Médico Psiquiatra, Médico Xeral, Psicóloga e Traballadora Social) e cun custo de 0 euros, xa que está financiado polo Servizo Galego de Saúde.
Podemos dicir que estamos a ter uns resultados moi positivos pero isto non quere dicir que o camiño sexa fácil.
No ámbito da prevención desenvólvense diferentes programas dirixidos tanto a poboación en xeral como en colectivos específicos. A finalidade dos mesmos e reducir e/ou evitar o uso e/ou abuso das sustancias adictivas e trastornos adictivos, previr os riscos e danos asociados os trastornos adictivos e fomentar a adopción de estilos de vida saudables e ocupación do tempo libre de xeito que contribúa a diminuír o risco de presentar un trastorno adictivo. Algúns destes programas son os seguintes:
Consulte a nosa localización e fáganos unha visita para coñecer de primeira man a nosa asociación