Esta Asociación iniciou a súa andaina no ano 1973, sendo un grupo de adictos ao alcol que se atopaban a tratamento e que decidiron continuar reuníndose con ánimo de reforzar a súa forza de vontade para manterse en abstinencia e decidiron fundar Ex- alcoholicos de Ferrolterra para dar a concocer os seus problemas coa enfermidade alcohólica a todos os interesados e dar a oportunidade de recuperarse tal e como fixeron eles. O grupo que se iniciou con cinco persoas, creceu rapidamente e despois de moitos anos de traballo conseguiu ser recoñecida pola Xunta de Galicia, no ano 1992, como Centro Asistencial en Drogodependencias destinada a Alcohólismo, así mesmo ostenta o recoñecemento de entidade de Utilidade Pública. converteuse nun eixo fundamental do tratamento do alcoholismo así como doutras adiccións en toda a comarca de Ferrolterra e mesmo a nivel autonómico.
Esta Asociación conta cun equipo profesional composto por:Psicólog@ e Traballador@ Social, traballando en coordinacion co Servizo de Saúde Mental do Sergas de Ferrol, así como outro equipo administrativo, dependendo todos da Xunta Directiva e do presidente. Os nosos usuarios está composto por persoas de todas as idades ás que tentamos axudar no seu camiño por manterse en abstinencia e que a mesma se manteña o maior número de anos.
Os nosos servizos son totalmente gratuítos para as persoas que deciden iniciar o complicado camiño de manter a abstinencia e aos que tentamos axudar noutros aspectos relacionados cos cambios de hábitos de vida e para o que levamos a cabo diversos talleres ocupacionais e mesmo realizamos outros servizos de asesoramento, etc. Sempre é unha alegría que cheguen socios novos e traian ás nosas filas un sopro de aire fresco. Ánimese e veña un día para visitarnos: será un pracer coñecerlle!