ASOCIACION DE EX-ALCOHOLICOS DE FERROLTERRA Centro Asistencial de Alcoholismo, Tabaco y Ludopatía FERROL - CORUÑA REXISTRO SANITARIO C-15-001622
ASOCIACION DE EX-ALCOHOLICOS DE FERROLTERRACentro Asistencial de Alcoholismo, Tabaco y Ludopatía   FERROL - CORUÑAREXISTRO SANITARIO C-15-001622

CONTAS CON TODO O NOSO APOIO E CONFIANZA PARA CONSEGUIR OS TEUS FINS

 

 

A Asociación de Ex-Alcohólicos de Ferrolterra (AEF) é unha entidade sen fin de lucro fundada no 1972. Está recoñecida pola Consellería de Sanidade como Unidade Asistencial en drogodependencias destinada ao alcoholismo desde o ano 1992 e inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais desde o 2010.

A súa sede está sita na rúa Álvaro Cunqueiro, número 6, baixo do Concello de Ferrol; nela realízanse actividades propias da asociación e ademais, desenvólvense programas e servizos da Unidade de Tratamento de Condutas Adictivas (UTA) e da Unidade de Prevención de Condutas Adictivas (UPCA).

O proceso asistencial enmárcase nun conxunto de programas que teñen por finalidade facilitar o tratamento integral e a rehabilitación dos/as pacientes e as súas familias, mellorando a saúde e benestar, previndo riscos e reducindo os danos asociados ao trastorno adictivo.

Dentro do programa asistencial préstase atención especializada de carácter ambulatoria na área sanitaria de Ferrol a persoas con trastornos aditivos con sustancias (alcohol e tabaco) e sen sustancias aditivas (xogo patolóxico, compras compulsivas e novas tecnoloxías), atendendo a planificación de criterios, guías e procedementos establecidos polo SERGAS. Facilítase tamén apoio e asesoramento a familiares e persoas do entorno da persoa que presenta a problemática.

Estamos a ofrecer este completo tratamento a todos as usuarias que deciden iniciar a súa rehabilitación, cun total seguimento do Equipo Técnico (Médico Psiquiatra, Médico Xeral, Psicóloga e Traballadora Social) e cun custo de 0 euros, xa que está financiado polo Servizo Galego de Saúde.

Podemos dicir que estamos a ter uns resultados moi positivos pero isto non quere dicir que o camiño sexa fácil.

 

No ámbito da prevención desenvólvense diferentes programas dirixidos tanto a poboación en xeral como en colectivos específicos. A finalidade dos mesmos e reducir e/ou evitar o uso e/ou abuso das sustancias adictivas e trastornos adictivos, previr os riscos e danos asociados os trastornos adictivos e fomentar a adopción de estilos de vida saudables e ocupación do tempo libre de xeito que contribúa a diminuír o risco de presentar un trastorno adictivo. Algúns destes programas son os seguintes:

  • Programa de sensibilización na comunidade
  • Programa de mediador/a xuvenil de prevención de drogas e xogos de azar.
  • Programa de sensibilización en centros educativos (ESO, universidade).
  • Programa de intervención psicoeducativa en bebedores/as abusivos/as.

 

 

Consulte a nosa localización e fáganos unha visita para coñecer de primeira man a nosa asociación

 

 

 

POLÍTICA DE COOKIES

 

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu computador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten ás páxinas web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario.

- Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, lembrar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización: Son aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través do cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise: Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios dos devanditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función da análise dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias: Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma desde a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

 

ASOCIACION DE EXALCOHOLICOS DE FERROLTERRA

- Cookies de publicidade comportamental:

Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma desde a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o que permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

Como bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo Se vostede prefire non habilitar as cookies, pode bloquealas ou eliminalas no seu navegador: 

• como administrar cookies en Google Chrome 

• como administrar cookies en Microsoft Internet Explorer 

• como administrar cookies en Mozilla Firefox 

• como administrar cookies en Apple Safari


rb solucións ® consultores en protección de datos – lopd@rbsoluciones

 

 

     

 

Contacto:

.

Ex-Alcohólicos de Ferrolterra

Centro Asistencial de Alcoholismo, Tabaco y Ludopatía

 

Calle Alvaro Cunqueiro 6, bajo
15403 Ferrol

 

Teléfono: +34 981351395

            : + 34 981355994

Fax      : + 34 981359988

email:  exalcoholicosferrol@mundo-r.com

 

 

 

Horario

Horario Atención

lun. :

08:00  - 13:00 

16:00  - 19:00 

mar.-vie. :

08:00  - 14:30 

Versión para imprimir | Mapa del sitio
© Ex-alcoholicos de Ferrolterra